miércoles, 4 de junio de 2014

Difusión nas redes sociais

Aquí vemos unha imaxe do facebook realizado por un grupo de alumnas nesta campaña do Programa Salvavidas...

Outras do twitter





martes, 27 de mayo de 2014

Algunha actividade do alumnado dentro do curso 2013/2014 para o Programa Salvavidas

Charla do Programa Salvavidas realizada na EPAPU Ferrol.


Traballando na aula de informática para a campaña de divulgación a través das redes sociais. 

miércoles, 14 de mayo de 2014

lunes, 3 de junio de 2013

A IMPORTANCIA SOCIAL DOS TRASPLANTES

(…) son moitos os enfermos que esperan librarse da súa doenza mediante un trasplante para recuperar así unha vida normal. Sen embargo, hai unha barreira que frea esta esperanza: a escaseza de doazón de órganos. A lei establece que todos somos doadores agás que en vida se manifeste o contrario. Na práctica este precepto legal elúdese e pídese sempre a conformidade dos familiares do cadáver. A falta de información, os escrúpulos e incluso certos prexuízos atávicos axudan a explicar con frecuencia a negativa á cesión de orgános.
As campañas en favor da doazón de órganos, que ás veces nos chegan a través dos medios de comunicación, demostraron que a súa eficacia é conxuntural. Durante un breve período de tempo, a sociedade sensibilízase e aumenta o número de cesións. Despois, todo volve ó seu vieiro. A publicidade é un remedio transitorio. No fondo, trátase dun problema de mentalidade que só ten arranxo a través dunha educación responsable (…)


                 (M. Valdivia. “Doazón e trasplantes de órganos”. UNED, 1985)


Os alumnos e profesores do EPA de Ferrol queremos colaborar nesta educación responsable a través do Proxecto Salvavidas dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación (Xunta de Galicia). 

A vida de cada un de nós está chea de luces que no momento da morte chegarían a apagarse se non tiveramos o dereito a que sigan alumeando o camiño de tantos outros coma nós.






martes, 28 de mayo de 2013


CAL É A TÚA OPINIÓN DA DOAZÓN DE ÓRGANOS?

Entra en comentarios e da resposta  ás seguintes preguntas:

1) Que opinas da doazón de órganos?

 (É algo bo, hai cousas máis importantes, nunca mo plantexei,  outros,... )


2) Estás dacordo en doar os teus órganos?

(SI: por solidariedade, por amor, poque é unha forma de dar vida, outros,...)
(NON: porque teño medo, pola relixión, por medo ao tráfico de órganos, por medo á mutilación do corpo, por medo a que se acelere a morte, outros,...)
3) Sabías que ti podes decidir sobre os teus órganos en vida?

( SI: porque o escoitei nos medios de comunicación, porque o falamos na familia, porque coñezo xente que doou os seus órganos, outros,...)

(NON )


4) Que opinión tés da xente que doa os seus órganos?

( Paréceche que regala a vida, que son moi valentes, que se arriscan a que os médicos non se esforcen tanto en salvalos, outros,...)