martes, 28 de mayo de 2013


CAL É A TÚA OPINIÓN DA DOAZÓN DE ÓRGANOS?

Entra en comentarios e da resposta  ás seguintes preguntas:

1) Que opinas da doazón de órganos?

 (É algo bo, hai cousas máis importantes, nunca mo plantexei,  outros,... )


2) Estás dacordo en doar os teus órganos?

(SI: por solidariedade, por amor, poque é unha forma de dar vida, outros,...)
(NON: porque teño medo, pola relixión, por medo ao tráfico de órganos, por medo á mutilación do corpo, por medo a que se acelere a morte, outros,...)
3) Sabías que ti podes decidir sobre os teus órganos en vida?

( SI: porque o escoitei nos medios de comunicación, porque o falamos na familia, porque coñezo xente que doou os seus órganos, outros,...)

(NON )


4) Que opinión tés da xente que doa os seus órganos?

( Paréceche que regala a vida, que son moi valentes, que se arriscan a que os médicos non se esforcen tanto en salvalos, outros,...)

miércoles, 15 de mayo de 2013

MECANISMOS DEFENSIVOS DO ORGANISMO

Os leucocitos están criados de tal maneira que só unha vez na vida  lles está  permitido comer opíparamente. Fabrícanse na médula osea, e dela saen cargados de encimas e de outras armas mortíferas, en procura de inimigos. Cando os encontran, devoran tantos como poden. Pouco despois morren como consecuencia desta xogada da seleción natural, que lles leva a cometer semellante acto de gula, fatal para eles, máis destinado  a un ben superior, o de todo o organismo.
                                                       Christian de Duve: A célula viva
Un pouquiño dos mecanismos defensivos do organismo que inflúen no rexeitamento á hora de facer un trasplante. Pincha en Proxecta:


     MECANISMOS DEFENSIVOS   DOS ORGANISMOS

Os seres vivos teñen diferentes mecanismos para defenderse contra os numerosos
axentes patóxenos (virus, bacterias, fungos, etc) que os rodean, ben impedindo a súa
entrada, ou ben, no caso de que ésta se produza, destruíndoos. Estes mecanismos son as
defensas externas e as defensas internas que constituén o SISTEMA INMUNOLÓXICO.

1) DEFENSAS EXTERNAS.

Son a primeira liña defensiva do organismo. Impiden a entrada dos xermes dentro
do corpo. Esta primeira barreira é “inespecífica” é dicir, actúa sobre calquera tipo de
xerme. Os mecanismos defensivos externos poden ser de 3 tipos: físicos, químicos e
microbiolóxicos.
·  Mecanismos físicos:
- Pel (recobren externamente o corpo e as
- Mucosas cavidades dos aparatos que comunican co exterior)
·  Mecanismos químicos: Secrecións ( destrúen ou impiden o
desenvolvemento dos xermes: secrecións ácidas do estómago, vaxina, ...)
·  Mecanismos microbiolóxicos: Flora bacteriana autóctona.

2) SISTEMA INMUNOLÓXICO

Comprende un complexo conxunto de mecanismos que teñen os seres vivos para
defenderse e rexeitar as sustancias alleas (ANTÍXENOS) que penetran no seu interior.
Constitúe a defensa interna do organismo.
O Sistema Inmunitario está formado por un conxunto de órganos, células e moléculas
dispersas por todo o organismo e que van ser responsables da defensa do organismo
fronte a sustancias estrañas.

- A propiedade esencial do Sistema Inmunitario é a TOLERANCIA;
TOLERANCIA é a facultade de distinguir o “propio do alleo”, é dicir, o Sistema
Inmunitario recoñece, responde e elimina as sustancias estrañas, namentres non
reacciona perxundicialmente fronte a moléculas propias do organismo. Cando
este recoñecemento “do propio” se altera prodúcesense RESPOSTAS
INMUNITARIAS CONTRA MOLÉCULAS DO ORGANISMO dando lugar
a trastornos denominados ENFERMEDADES AUTOINMUNITARIAS.

- A reacción de Sistema Inmunolóxico ante a entrada dun antíxeno constitúe a
denominada RESPOSTA INMUNOLÓXICA, que pode ser de dous tipos:

A) RESPOSTA INMUNITARIA INNATA, NATURAL OU INESPECÍFICA.

É a segunda liña defensiva do organismo. Actúa contra calquera sustancia ou axente
que logre penetrar dentro do organismo polo tanto é “inespecífica”, “carece de
memoria” é dicir responde igual fronte a infeccións repetidas.

B) RESPOSTA INMUNITARIA ADAPTATIVA, ADQUIRIDA OU  ESPECÍFICA.

Comprende mecanismos de defensa que se inician trala exposición a un axente
infeccioso. É a terceira liña defensiva do organismo e só actúa contra o antíxeno que a provocou.

Caracterízase por unha “ESPECIFICIDADE” extraordinaria, capaz de recoñecer
detalles estructurais dos antíxenos e por posuír “MEMORIA”, é dicir, que a súa
capacidade defensiva aumentan na segunda e posteriores exposicións ó mesmo
antíxeno. Existen dous tipos de respostas inmunitarias adaptativas: HUMORAL e
CELULAR, nas que participan LINFOCITOS B e T respectivamente.

A RESPOSTA ADAPTATIVA PRIMARIA E A SECUNDARIA:

·  A resposta primaria prodúcese tras o primeiro contacto co antíxeno. É
máis lenta que a secundaria, porque necesita un longo período de latencia
para que os linfocitos B se diferencien e formen células plasmáticas. A
súa acción é menos duradeira e de menor intensidade, xa que nela se
liberan, fundamentalmente IgM (inmunoglobulinas M).

·  A resposta secundaria é a resposta que se pruduce tras un posterior
contacto co antíxeno. A presenza de linfocitos con memoria fai que sexa
máis rápida, máis intensa e máis duradeira, porque nela se liberan sobre
todo IgG (inmunoglobulinas G).
Resposta relativa de anticorpos:




COMPOSICIÓN DO SISTEMA INMUNOLÓXICO

O sistema inmulolóxico atópase nos órganos e nos tecidos linfoides. Na súa acción
participan unha serie de células: células inmunocompetentes e diferentes moléculas.

1. ÓRGANOS E TECIDOS LINFOIDES

Nos órganos e nos tecidos linfoides diferéncianse, maduran e acumúlanse os
diferentes tipos de células inmunocompetentes que forman o sistema
inmunolóxico.,

Divídense en dous grupos:
- Primarios e secundarios.

1.1. Órganos linfoides primarios:
- Aqueles onde se diferencian e maduran os diferentes tipos de linfocitos.
- Son a médula ósea vermella e o timo.

1.2. Órganos e tecidos linfoides secundarios:
Neles os antíxenos interaccionan cos diferentes tipos de linfocitos (póñense en
contacto por primeira vez o linfocito e o antíxeno). Estes son:

-Ganglios linfáticos, Bazo e o Tecido linfoide asociado a mucosas: (amígdalas,
apéndice, placas Peyer,...)

2. CÉLULAS INMUNOCOMPETENTES (leucocitos)

Son células que participan na resposta inmunolóxica. Diferéncianse dous grupos: a
liña mieloide e a liña linfoide.

2.1. LIÑA MIELOIDE

As células da liña mieloide fórmanse e maduran na médula. Desprázanse mediante
pseudópodos e teñen capacidade fagocítica, denomínanse por tanto FAGOCITOS.
Hai tres tipos de fagocitos:

a) GRANULOCITOS: Neutrófilos (son os primeiros que chegan á zona da
infección). Eosinófilos (interveñen en procesos de paralitose, por exemplo
infestación por tenias). Basófilos (interveñen en procesos alérxicos).

b) MONOCITOS E MACRÓFAGOS
Os monocitos son células grandes, sen granulacións (agranulocitos). Emigran dos
capilares aos tecidos e ó facelo, aumentan o seu tamaño e a súa capacidade
fagocítica converténdonse en Macrófagos. Reciben distintos nomes segundo o
tecido onde se acumulan (en conxunto constitúen o SISTEMA RETÍCULO ENDOTELIAL)
Os macrófagos ademáis de intervir na resposta inespecífica fagocitando partículas
estrañas, interveñen na resposta específica como células presentadoras do antíxeno.

c) MASTOCITOS
Pénsase que están relacionados cos basófilos pero non se atopan circulando no
sangue, só os atopamos nos tecidos conxuntivo e mucosas.
Participan na liberación de mediadores inflamatorios (cando no antíxeno se atopa
cun mastocito é como se “pisara unha mina” prodúcese unha “explosión” e libérase
ó medio grande cantidade de histamina e outras sustancia que participan na reacción
inflamatoria).

2.2 LIÑA LINFOIDE

Inclúe os linfocitos que interveñen nos mecanismos de defensa específicos en
colaboración cos macrófagos. Non teñen capacidade fagocítica. Presentan numerosos
receptores na membrana.
Desenvólvense e maduran nos órganos linfoides primarios (médula ósea e timo).
Acumúlanse en grandes cantidades no bazo, nos ganglios linfáticos e noutros tecidos
linfoides. Hai tres tipos principais de linfocitos: Linfocitos B, Linfocitos T e as células
asasinas ou NK.

a) LINFOCITOS B
Prodúcense na médula ósea. Son os responsables da inmunidade específica
humana, pois producen anticorpos específicos ante a presenza dun antíxeno. Se
non son estimulados por un antíxeno, estas células morren en poucos días, pero
se pola contra, se unen con un antíxeno, proliferan e dan lugar a dúas
poboacións:

*Células plasmáticas (producen anticorpos)
*Linfocitos B con memoria (gardan recordó do antíxeno).

b) LINFOCITOS T
Proceden de linfocitos (linfocitos pre-T) da médula ósea que migran ó timo. No
timo, diferéncianse e maduran e de aí pasan aos órganos linfoides secundarios.
Son os responsables da inmunidade celular. Actúan contra células estrañas e
contra células do propio corpo que foron alteradas.
Diferenciamos dous grupos de Linfocitos T:
- Linfocitos T8 : Responsables do rechazo nos trasplantes.
- Linfocitos T4 : Segregan citocinas que activan ós macrófagos e ós T.

c) CÉLULAS ASASINAS ou CÉLULAS NK.
Posúen actividade citotóxica, inducindo a morte de céulas tumorais e de células
infectadas por virus.

3. MOLÉCULAS DO SISTEMA INMUNOLÓXICO

Son distintos compostos químicos que adoitan ser segregados polas células
inmunocompetentes e que interveñen na resposta inmunolóxica.

A) SISTEMA DO COMPLEMENTO: Complementan a acción dos anticorpos.

Está formado por una serie de proteínas séricas:
* Favorecen a inflamación
* Favorecen a fagocitose.
* Favorecen a activación de macrófagos.
* Favorecen a lise celular.

B) CITOCINAS (Proteínas de baixo Pm (peso molecular)). Son producidas
principalmente polos macrófagos e polos linfocitos T 4 .
Función: Regular a resposta inmunolóxica e inflamatoria.
As máis importante son os inteterferóns, as linfocinas, os factores de necrose
tumoral,…

C) ANTICORPOS ou INMUNOGLOBULINAS:
Prodúcenos as células plasmáticas ó reaccionar cos antíxenos.

OS ANTÍXENOS E OS ANTICORPOS:

Antíxenos: Son aquelas moléculas estrañas a un organismo que introducidas
nel, desencadean unha resposta inmunolóxica específica dirixida á súa
destrucción. Son fundamentalmente proteínas.
-Os antíxenos únense aos anticorpos e aos receptores de linfocitos, só por una
pequeña parte da súa superficie (determinante antixénico ou epitopo).

ANTÍXENOS DE HISTOCOMPATIBILIDADE:

Son glicoproteínas que se localican na superficie de todas as células dos
vertebrados. Estas proteínas están codificadas por un grupo de xenes e coñécense co
nome de “complexo maior de histocompatibilidade”.

Estes antíxenos son características de cada individuo; polo tanto constitúen un
“carné de identidade molecular” que permite diferenciar o propio do estraño. A
función destas moléculas é recoñecer o antíxeno e presentalo ás células T.

Poden ser de dous tipos:
- MHC I: Presentan antíxenos procedentes de virus, células tumorais ós
Linfocitos T8 .
- MHC II: Presentan antíxenos ás células T 4 .

ANTICORPOS
Tamén denominados inmunoglobulinas. Prodúcense nas células PLASMÁTICAS
(Linfocitos B activados) e reaccionan cos antíxenos, que provocan a súa aparición, para
neutralizalos e destruílos.

REACCIÓN ANTÍXENO-ANTICORPO
É moi específica. Cada anticorpo só se une con aqueles determinantes antixénicos que
lle son complementarios.

TIPOS DE REACCIÓN ANTÍXENO-ANTICORPO:

a) Reacción de neutralización; o anticorpo, ao unirse co antíxeno, elimina os
efectos negativos que éste ten sobre o organismo invadido. Os anticorpos
neutralizan e impiden a actuación de microorganismos e toxinas liberadas polos
microorganismos.
b) Reacción de precipitación; reacción entre antíxenos solubles e anticorpos, que
forman un complexo insoluble que precipita.
c) Reacción de aglutinación: Fórmanse agregados que sedimentan fácilmente o
que facilitan a súa destrucción ( reacción que se produce nas transfusións entre
grupos incompatibles)
d) Reacción de opsonización. Proceso que consiste en recubrir os antíxenos que
quedan preparados para fagocitarse. O complexo antíxeno-anticorpo, estimula a
actuación de macrófagos e neutrófilos que fagocitan os microorganismos
patóxenos.

3) O TRASPLANTE DE ÓRGANOS E O REXEITAMENTO

O trasplante é unha técnica quirúrxica na que se implanta un inxerto formado por
células, tecidos ou órganos procedentes dun doador nun individuo receptor co fin de
solucionar un proceso patolóxico grave.
Hai distintos tipos de trasplantes:
·  Autoinxerto ou inxerto autóxeno: É o trasplante dun tecido ou órgano
procedente do mesmo individuo.
·  Isoinxerto ou inxerto isoxénico: O doador e o receptor son individuos
da mesma especie xenéticamente idénticos.
·  Aloinxerto ou inxerto aloxénico: O doador e o receptor son individuos
da mesma especie, pero xenéticamente diferentes.
·  Xenoinxerto ou inxerto xenoxénico: É o trasplante no que o doador e o
receptor son individuos de especies diferentes.

O éxito dun trasplante depende principalmente do sistema inmunitario do organismo
receptor, que pode xerar unha resposta de rexeitamento.

O rexeitamento é unha resposta inmunitaria celular específica desenvolvida polos
linfocitos T, que recoñecen os antíxenos do complexo principal de histocompatibilidade
(MHC) presentes no inxerto e tratan de destruílo.
A capacidade para aceptar un trasplante depende de que o individuo receptor comparta
os xenes de histocompatibilidade co doador, polo cal, o grao de rexeitamento depende
da orixe do órgano trasplantado:

* Nos autoinxertos e os isoinxertos non existe rexeitamento posto que as células do
doador son xenéticamente idénticas ás do receptor.
* Nos aloinxertos e nos xenoinxertos, as deferenzas existentes entre o organismo doador
e o receptor dan lugar a rexeitamento.

3.1 INMUNOLOXÍA DO REXEITAMENTO AOS TRASPLANTES

A resposta inmunitaria aos aloinxertos e xenoinxertos ten unha intensidade maior ca que
se produce contra outros antíxenos convencionais. Isto é debido a algunhas
características especiais dos mecanismos inmunolóxicos implicados no rexeitamento
entre as que salientan:
·  As moléculas do MHC aloxénico poder ser recoñecidas directamente
polos diferentes clons de linfocitos T que son específicos para os
complexos formados entre un péptido estraño e unha molécula do MHC
propio.
·  As células presentadoras de antíxenos (CPA) procesan as moléculas do
MHC aloxénico e as presentan coma péptidos asociados a moléculas do
MHC propio que son recoñecidos por linfocitos T H e TC .
·  Os linfocitos T colaboradores (T H ) activan ós linfocitos B que, unha vez
activados, dan lugar a células plasmáticas capaces se segregar anticorpos
específicos contra as células do inxerto.

4) TRASPLANTES E BIOÉTICA

Maila que a ciruxía de trasplantes alcanzou un nivel de éxito moi elevado, o problema
principal que presenta é a escasez de órganos para cubrir a demanda real existente. Se
ben os xenoinxertos e a obtención de órganos e tecidos por métodos biotecnolóxicos son
liñas de investigación abertas, é a doación de órganos a única alternativa válida, cuxo
inconvinte é o baixo número de doadores que existe.
Dende o punto de vista ético, a doación de órganos é un acto solidario que reporta
beneficios ao seres humanos e polo tanto é desexable. Aínda que a lexislación establece
as condicións nas que se debe realizar a extracción e o trasplante de órganos, existen
inquietudes dende o punto de vista ético que radican na desigualdade que poderían ter as
clases menos favorecidas económicamente e no posible comercio de órganos.