(…) son moitos os
enfermos que esperan librarse da súa doenza mediante un trasplante para
recuperar así unha vida normal. Sen embargo, hai unha barreira que frea esta
esperanza: a escaseza de doazón de órganos. A lei establece que todos somos
doadores agás que en vida se manifeste o contrario. Na práctica este precepto
legal elúdese e pídese sempre a conformidade dos familiares do cadáver. A falta
de información, os escrúpulos e incluso certos prexuízos atávicos axudan a
explicar con frecuencia a negativa á cesión de orgános.
As campañas en favor da
doazón de órganos, que ás veces nos chegan a través dos medios de comunicación,
demostraron que a súa eficacia é conxuntural. Durante un breve período de
tempo, a sociedade sensibilízase e aumenta o número de cesións. Despois, todo
volve ó seu vieiro. A publicidade é un remedio transitorio. No fondo, trátase
dun problema de mentalidade que só ten arranxo a través dunha educación
responsable (…)
(M. Valdivia. “Doazón e
trasplantes de órganos”. UNED, 1985)
Os alumnos e profesores do EPA de Ferrol queremos colaborar nesta educación responsable a través do Proxecto Salvavidas dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación (Xunta de Galicia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario